Noticias

A situación de Vistafermosa irá ó próximo pleno municipal

A situación de Vistafermosa irá ó próximo pleno municipal do mes de agosto da man dunha moción presentada polo BNG.

«Dentro do diálogo que mantemos de xeito constante coa veciñanza parte esta moción, co obxecto de que as reivindicacións, neste caso de Vistafermosa, sexan atendidas dunha vez por todas» indica Luís Seara.

A situación de Vistafermosa irá ó próximo pleno municipal

Sobre a situación de desamparo da veciñanza, o voceiro do BNG no concello de Ourense lembra o sucedido a principios de 2023. «Solicitouse a prolongación da rúa Xoan Vicente Viqueira co obxecto de crear un novo vial de acceso ao barrio e contribuír deste xeito á mellora da mobilidade».

Esta moción «foi aprobada por unanimidade dos membros da Corporación pero certo é que, desde entón, nada sabemos sobre a execución da mesma, situación que indigna á veciñanza» indica Seara.

Entre as demandas da veciñanza sitúanse algunhas de doada execución como o «mantemento das zonas verdes e mellora e reposición de elementos do mobiliario urbano».

A situación de Vistafermosa irá ó próximo pleno municipal
Foto: BNG de Ourense

Outras demandas de maior envergadura que se inclúen na moción son:

  • acometer a construción dun aparcadoiro nos terreos situados debaixo do viaduto da N-525 e o ramal da OU-11,
  • solicitar á Xunta de Galicia a reforma integral do tramo da OU-413 comprendido entre a Avda Ribeira Sacra e a entrada do Seminario.

Remata Luís Seara indicando que «Ourense é moito máis co centro da cidade, as veciñas e veciños de Vistafermosa ao igual que as veciñas e veciños do resto de barrios, merecen o mesmo trato e disfrutar dos mesmos servizos independentemente da zona na que vivan».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.