Noticias

En Sobradelo fan os seus propios canistrelos

Na localidade de Sobradelo (Xunqueira de Ambía) fan os seus propios canistrelos grazas ó obradoiro que impartiu o artesán Sergio Vimbios.

Os asistentes a esta actividade organizada pola Asociación Cultural Tangaraño de Sobradelo puideron levar para os seus fogares a súa propia creación.

En Sobradelo fan os seus propios canistrelos

Durante dúas tardes, os participantes no obradoiro seguiron atentamente as indicacións que lles permitiría realizar con éxito o seu canistrelo.

En Sobradelo fan os seus propios canistrelos
Foto: A C Tangaraño de Sobradelo

O obradoiro de Cestería é unha máis das numerosas actividades que esta asociación programa durante o ano e que permite á veciñanza manter unha constante actividade cultural e social.

En Sobradelo fan os seus propios canistrelos
Foto: A C Tangaraño de Sobradelo

Botón volver arriba