Eventos

Sobrado acolle un novo acto de homenaxe ó Poeta Alberto García Ferreiro

A localidade de Sobrado do Bispo acolle este domingo un novo acto de homenaxe ó poeta Alberto García Ferreiro coa presentación dun CD.

Artistas de distintos lugares de Galicia e Zamora participan neste traballo que inclúe diversos versos do poeta ós que puxeron música varios compositores.

Sobrado acolle un novo acto de homenaxe ó Poeta Alberto García Ferreiro

A Asociación Cultural Porta da Cadea de Sobrado do Bispo comezou no ano 2021 o proxecto #undiadasletrasgalegasparaalbertogarciaferreiro coa finalidade de render homenaxe a unha figura clave da literatura galega de finais do século XIX.

Varios músicos interpretarán algunhas das pezas incluídas no CD co acompañamento vocal da Coral Voces e Cordas de Sobrado do Bispo e a Coral San Mauro de Barbadás. No acto tamén participan varios membros do Círculo Poético Ourensán.

Sobrado acolle un novo acto de homenaxe ó Poeta Alberto García Ferreiro

Este concerto homenaxe a Alberto García Ferreiro terá lugar no Parque O Fidalguiño de Sobrado do Bispo este domingo, 2 de xuño, ás 19h.

Botón volver arriba