A Sala Manuel María de Barbadás acollerá este venres, 7 de novembro, ás 20:30 horas, o espectáculo teatral “Sobria e Serena”.
O mesmo está protagonizado polas actrices viguesas Jazmín Abuín e Arantxa Treus, dúas cómicas e amigas que chegan dispostas a facer rir o público cunha boa dose de humor e reflexión.
Humor e amizade con “Sobria e Serena” en Barbadás
A proposta, organizada pola Concellaría de Cultura de Barbadás, ofrece máis dunha hora de risioterapia, na que as intérpretes se riron de si mesmas e da vida, compartindo unha mirada persoal sobre o mundo con ironía e complicidade. O obxectivo, segundo explican, é “facer o humor mentres ensinamos un punto de vista persoal sobre o mundo e, de paso, tentar cambialo un pouquiño a golpe de gargallada”.
“Sobria e Serena” invita o público a acompañalas nun percorrido vital cheo de comicidade, amizade e sinceridade. Un espectáculo recomendado para maiores de 12 anos, pensado para fomentar o bo humor e celebrar a risa como terapia colectiva.

As entradas son de balde con invitación, que pode recollerse na Casa da Cultura de Barbadás desde o luns, 3 de novembro.