Noticias

Os socialistas de Ourense celebran ConMemora

Os socialistas de Ourense celebran a terceira edición de Conmemora baixo o lema «Europa Socialista, Faina Túa».

A Xuntanza provincial dos socialistas de Ourense celebrou a súa terceira edición con máis de 150 asistentes a un xantar que tivo lugar en Maceda.

Os socialistas de Ourense celebran ConMemora

Durante o acto entregáronse os premios ConMemora. Mercedes Bouzo Nóvoa (Ourense) e Gumersindo Penín Opazo (Xinzo de Limia) recibiron estes premios pois cumprían 46 e 47 anos de militancia respectivamente.

Rafa Villarino, secretario provincial, animou ós presentes a «realizar unha viaxe pola historia para observar o papel de Europa na construción do socialismo español, e para utilizar a deliberación como ferramenta para construír o futuro de Ourense en Europa».

Os socialistas de Ourense celebran ConMemora
Foto da III ConMemora. Foto: PSdeG-PSOE de Ourense

A alcaldesa de Maceda, Uxía Oviedo, destacou a importancia de «integrar aos máis novos na familia socialista xunto cos máis veteranos». Ante a proximidade das eleccións europeas, Oviedo lembrou que «a Europa na que nós creemos, é a Europa do rural e tedes que saber que os concellos non poderían das resposta ás necesidades desta sociedade diversa e cambiante senón fora polos fondos europeos que chegan gracias ao Goberno central e a pesar da inacción da Xunta de Galicia».

Botón volver arriba