Noticias

Solicitan non prorrogar o contrato coa concesionaria de limpeza

Dende o grupo municipal do BNG de Ourense solicitan non prorrogar o contrato coa empresa concesionaria do servizo de limpeza de edificios municipais.

Esta concesión, outorgada en outubro de 2021, pode ser prorrogada por un ano máis ata alcanzar a duración máxima de tres anos.

Solicitan non prorrogar o contrato coa concesionaria de limpeza

Xa naquel momento denunciaba o BNG a situación coa empresa indicando que «incumpriu as determinacións do prego de cláusulas administrativas e cunha oferta claramente á baixa, algo que se ten demostrado repercute tanto na calidade do servizo como no cumprimento das súas obrigas co cadro de persoal», recorda a concelleira nacionalista Rhut Reza.

Solicitan non prorrogar o contrato coa concesionaria de limpeza
Foto: BNG de Ourense

Ante a situación actual de atrasos no pago das nóminas, o grupo municipal do BNG solicita ó alcalde de Ourense que poña en marcha un novo proceso de licitación. Desta forma, ó rematar os dous anos da concesión evitaríase «a prórroga da concesión administrativa actualmente en vigor e prevista nos pregos de contratación asinados».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.