O BNG ofrece solucións para os espazos baleiros que se atopan no casco histórico de Ourense e que está inspirado en medidas que coñeceron durante a recente visita a Lleida.
Un proxecto denominado «urbanismo de mínimos» é a resposta que o BNG ofrece para aqueles espazos baleiros na zona histórica da cidade.
Solucións para os espazos baleiros no casco histórico de Ourense
«Trátase de que a través de convenios cos propietarios dos solares que actualmente están baleiros na zona histórica, o concello os abra e acondicione para uso e disfrute xeral con pequenas actuacións como é a súa limpeza e adecuación, a instalación de mobiliario urbano e iluminación» indica Rhut Reza, nº 2 da candidatura.
Este convenio cos propietarios dos solares remataría no momento que se proceda á venda dese espazo ou a construción no solar. «Supón que a través desta cesión, que en todo caso é temporal e condicionada a venda ou construción no solar, sexa o concello quen se faga cargo do seu mantemento e bo estado de conservación».