O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, mantivo este martes unha reunión coa nova xunta directiva da Federación de Asociacións Veciñais de Ourense Limiar, encabezada polo seu presidente, José Luís Lorenzo.
No encontro tamén participaron o vicepresidente, Juan Carlos Ferreiro; o secretario, Eliseo González, e o vocal Alfonso Pazos, quen aproveitaron a visita para presentarse oficialmente e trasladar as principais inquedanzas da veciñanza ourensá.
O subdelegado do Goberno reúnese coa nova directiva de Limiar
Entre elas, destacaron a preocupación polos incendios forestais e as dificultades de acceso á vivenda.

Santos agradeceu o compromiso do equipo e subliñou a importancia de que a federación continúe representando á cidadanía. “É un traballo necesario para canalizar as demandas sociais”, sinalou. O subdelegado insistiu ademais en que “as asociacións veciñais son fundamentais para as administracións públicas, porque facilitan o intercambio de información coa poboación dun xeito organizado”.