O pianista Sunil López ofrecerá este venres 11 de abril un concerto no Liceo de Ourense, ás 20:00 horas, para presentar o seu último traballo discográfico en formato trío: Smoke Gets In Your Eyes.
O álbum está editado polo selo Fresh Sound New Talent, recoñecido por apoiar novos valores do jazz contemporáneo.
Sunil López trae o mellor jazz contemporáneo ao Liceo de Ourense
A actuación forma parte da programación especial polo 175º aniversario do Liceo de Ourense, institución cultural emblemática da cidade. O trío liderado por Sunil López, que tamén contará con contrabaixo e batería, promete unha velada de jazz intimista e de gran calidade musical.

As entradas teñen un prezo de 10 euros e poden adquirirse no propio Liceo. Os socios da entidade poderán desfrutar do concerto por só 5 euros.