Noticias

Sustinea recibe 65.000 euros de Galicia Moza

Sustinea recibe 65.000 euros de Galicia Moza tras a visita do delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, á sede da entidade beneficiaria do programa de mobilidade xuvenil Galicia Moza con Alma.

A iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, diríxese á mocidade máis desfavorecida inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o 2 de marzo.

Sustinea recibe 65.000 euros de Galicia Moza

O programa ofrece formación personalizada en habilidades e competencias para o emprego, prácticas non laborais titorizadas de dous a tres meses nun país da UE e apoio posterior para facilitar a inserción laboral ou a continuidade formativa.

Sustinea recibe 65.000 euros de Galicia Moza
Foto: Delegación da Xunta.

Manuel Pardo destacou que estas accións reforzan as oportunidades laborais da mocidade galega con maiores dificultades de acceso ao mercado de traballo e puxo en valor a implicación das persoas novas nestas iniciativas.

O delegado tamén agradeceu o labor de Sustinea, entidade sen ánimo de lucro que promove a protección da biodiversidade, o desenvolvemento sostible e a construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.