Taboadela abre as súas piscinas o mércores, 15 de xuño de 2022, sendo desta forma unha das primeiras da provincia en estar en funcionamento.
A partires do mércores, 8 de xuño, os interesados en facer o carné das piscinas de Taboadela poderán realizalo nas oficinas municipais.
Taboadela abre as súas piscinas
Neste 2022, Taboadela mantén os prezos polo uso das piscinas. As posibilidades van desde o pago da entrada diaria ou bonos para toda a temporada. O horario de apertura das piscinas de Taboadela será de 12:30h a 20:30h.
Tarifas:
Entrada diaria empadroados
- Nenos e maiores de 65 anos – 1€
- Adultos – 1,5€
Entrada diaria non empadroados
- Nenos e maiores de 65 anos – 1,5€
- Adultos – 2€
Bonos
- Entre 8€ e 25€ para empadroados
- Entre 35 e 40€ para non empadroados.