Noticias

Taboadela habilita crédito para pagar a Semana Cultural

O concello de Taboadela habilita crédito para pagar facturas entre as que se atopan as da semana Cultural ou o Mural de Mon Devane.

No Pleno extraordinario celebrado no día de onte, aprobouse un recoñecemento extraxudicial de crédito para asumir as facturas pendentes.

Taboadela habilita crédito para pagar a Semana Cultural

Desde a oposición criticouse a utilización deste procedemento como método para evitar o control do mesmo. Desde a formación política VETA Taboadela, destacaron que estas facturas presentan erros que demostran certo «descontrol».

Taboadela habilita crédito para pagar a Semana Cultural
Foto: Concello de Taboadela

Esta situación provocou os reparos do interventor que sinalou o seguinte:

  • Factura dun asesor urbanístico
    «Las facturas presentadas tienen como concepto una referencia a una factura en otro formato. Se valora como no conforme a derecho; debiendo figurar en la propia factura el desglose referido en su factura. Se trata de facturas periódicas en el tiempo, de facturas de asesoramiento urbanístico, que se llevan produciendo desde tiempo atrás, sin existir contrato administrativo o nombramiento laboral/funcionario que avalen tales actuaciones».
  • Mural en Taboadela
    «La factura es anterior a la dotación de crédito presupuestario, habiendo sido realizada la prestación sin la previa dotación de crédito adecuado y suficiente».

Detalle das facturas

A pesar dos catro votos en contra dos concelleiros do PP e VETA, o procedemento foi aprobado cos cinco votos a favor do grupo de goberno.

ConceptoImporte
Asesoría urbanística (setembro 2024)954,00€
Abastecemento de combustible (setembro 2024)741,56€
Mantemento praza e parque (3º trimestre)762,30€
Mural Mon Devane4.598,00€
Fotocopiadora (setembro 2024)395,42€
Reparación desbrozadora de brazo de tractor545,73€
Material de construción obras en Lama de Prado e piscina1.758,67€
Material para ampliación de rede de sumidoiros en Pazos da Rabeda2.901,68€
Material de ferretería311,08€
Semana Cultural17.690,89€
Xoves Culturais5.748,71€

Sobre estas últimas dúas facturas, desde VETA Taboadela sinalan que existe «unha fragmentación de contratos evidente». Estas facturas corresponden ós seguintes gastos:

Semana Cultural

  • Animación musical Feira de Artesanía Mariachi Mi Tierra – 820,57€
  • Son e iluminación para dúas xornadas de teatro e pandeireteiras – 400€
  • Xornada de Cine – 1.000€
  • Xornada de xogos de inxenio – 400€
  • Concerto grupo Leria – 2.900€
  • Xornada de Paintball – 1.600€
  • Concerto Broken Peach – 3.500€
  • Concerto Tributo a Sabina: La penúltima sabinera – 4.000€
  • IVE – 3.070,32€

Xoves Culturais

  • Actuación Micalip’s – 951€
  • Noite de cine – 1.000€
  • Montaxe Stands casetas Feira de artesanía – 2.800€
  • IVE – 997,71€

Botón volver arriba