O concello de Taboadela vivirá unha noite de auténtico terror o próximo 31 de outubro da man da escola de teatro Esteta.
A escola de teatro de Taboadela «ESTETA» organiza coa axuda do concello unha representación con motivo do Samaín 2022.
Sustos, terror, sorpresas e moito máis na primeira edición de «Un pobo de medo» que se levará a cabo na Aira de Torán. A dramatización que aporta ESTETA permitirá vivir unha experiencia terrorífica e ó mesmo tempo aconsellable.
O 31 de outubro ás 21h, Torán converterase nun lugar especial ó que poderá asistir quen o desexe.