Eventos

O Tangaraño Cultural segue a medrar no 2023

O Tangaraño Cultural segue a medrar ó incorporar no ano 2023 un novo concello que acollerá unha das xornadas deste importante festival das artes.

No concello de Xunqueira de Ambía o Tangaraño Cultural ten a súa casa desde a súa primeira edición sendo o lugar onde se realizaban as actividades programadas coa colaboración do concello.

O Tangaraño Cultural segue a medrar no 2023

En 2021, o Tangaraño incorporaba á súa programación unha parada no concello de Baños de Molgas e un ano máis tarde, no 2022, incorporábase tamén o concello de Vilar de Barrio como parada do festival nado en Sobradelo.

A novidade na edición de 2023 é a incorporación do concello de Taboadela. Ó igual que os alcaldes de Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas e Vilar de Barrio, o alcalde de Taboadela súmase ó apoio dun festival que medra en presenza e número de participantes.

O Tangaraño Cultural segue a medrar no 2023
Foto: Tangaraño Cultural

Programa do Tangaraño 2023

Rocho Nóvoa é a responsable de por en marcha un ano máis o Tangaraño Cultural que comezará as súas actividades o día 6 de maio. Desde ese momento e ata o 3 de xuño, o mundo das artes viaxará polos catro concellos colaboradores.

Baños de Molgas

Sábado, 6 de maio ás 20h na Burguiña

Taboadela

Sábado, 13 de maio ás 21h na praza do concello

Vilar de Barrio

Domingo, 14 de maio ás 18h na praza

Xunqueira de Ambía

Sábado, 3 de xuño, en Sobradelo

Botón volver arriba