Noticias

A piscina das Burgas reabrirá con tarifas reguladas

A Xunta de Goberno Local de Ourense aprobou o proxecto de ordenanza reguladora do servizo e dos prezos públicos da piscina termal das Burgas.

Os tempos para reapertura deste espazo están previsto polo goberno municipal nun prazo de entre dous e tres meses.

A piscina das Burgas reabrirá con tarifas reguladas

O executivo local remitirá agora o documento aos grupos políticos municipais, que disporán de 10 días para presentar emendas, antes de que a ordenanza sexa elevada ao Pleno do Concello para a súa aprobación inicial.

A piscina das Burgas reabrirá con tarifas reguladas

A normativa ten como obxectivo regular o uso da piscina lúdico-termal municipal, definir os prezos públicos e establecer os dereitos e deberes das persoas usuarias. Segundo recolle a proposta, a implantación das tarifas responde á necesidade de garantir a sustentabilidade financeira do servizo e de racionalizar a súa utilización, asegurando unha prestación de calidade.

Desde o goberno municipal sosteñen que o modelo gratuíto anterior “tiña moitísimas deficiencias e non funcionaba de forma óptima”. Ao tratarse dun servizo que non cobre unha necesidade básica, consideran “moito máis xusto” que as persoas usuarias contribúan aos custos mediante unha tarifa que garanta a súa viabilidade.

Tarifas previstas

  • Entrada ordinaria: 7 euros, para maiores de 15 anos, con dereito a dúas horas de uso no día da compra.
  • Abono mensual: 25 euros, permite o acceso todos os días do mes natural, cun máximo de dúas horas diarias.
  • Menores de 15 anos: exentos de pagamento, sempre que accedan acompañados, cando menos, por unha persoa adulta.

O proxecto de ordenanza deixa aberta a posibilidade de aprobar bonificacións para determinados colectivos sociais, mediante acordo da Comisión de Pleno. Tamén contempla que o Concello poida prestar o servizo mediante xestión directa ou indirecta.

No apartado de normas de uso, establécense medidas orientadas a garantir a seguridade e a hixiene, fixando un límite máximo de dúas horas diarias por persoa usuaria. O obxectivo é facilitar a rotación e promover un uso saudable da piscina termal. Ademais, inclúese un cadro de infraccións e sancións, así como a posibilidade de expulsión das persoas que incumpran a normativa.

Botón volver arriba