Unha obra de teatro definido como politicamente incorrecto é a proposta que a Asociación Cultural A Caniceira de Trives presentará este domingo, 2 de xuño.
O grupo de teatro da Caniceira estreará no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives esta obra que reflicte os «vicios e paranoias da sociedade actual«.
Teatro politicamente incorrecto en Trives
A obra «Amig@s» conten un humor politicamente incorrecto que inclúe contido e vocabulario non recomendado para menores de 16 anos.
A estrea será o domingo, 2 de xuño, ás 19h con entrada de balde.