O grupo ourensán The Tetas Van pechan este venres, 9 de setembro, o certame O Son da Carballeira cunha actuación que terá lugar ás 22h.
A segunda edición deste certame está tendo un éxito de participación a pesares de ser concertos de pago. Os prezos (6€/socios e 8€/non socios) non evitan que numeroso público acuda cada venres á Carballeira situada ó carón do Museo Etnográfico de Loiro para gozar coa boa música.
The Tetas Van pechan O Son da Carballeira
Unha vez rematada a actuación do grupo The Tetas Van, a asociación Loiro na Memoria organiza unha nova festa. Nesta ocasión, non será unha festa temática se non unha Gran Festa de Fin de Temporada. A partir das 23:30h, Loiro na Memoria pecha a súa programación musical de verán que este ano tivo unha especial relevancia.