Noticias

Toén a Bocados premia os mellores petiscos do ano

A tosta de vitello tonnato do Bar Pazos conquistou tanto ao público como ao xurado “VIP” na quinta edición do certame gastronómico “Toén a Bocados”, cuxos premios se entregaron este mércores 25 de xuño ás 21:30 horas na Casa do Concello.

O evento contou tamén co sorteo de agasallos entre as persoas participantes na votación popular.

Toén a Bocados premia os mellores petiscos do ano

Na categoría de xurado popular, os galardóns foron para:

  • 🥇 Bar PazosTosta de Vitello Tonnato
  • 🥈 Casa AnaPetisco de Mugares
  • 🥉 Café Bar VeneciaTosta Fusión
Toén a Bocados premia os mellores petiscos do ano
Foto: Concello de Toén

Pola súa parte, o xurado “VIP”, formado por persoas convidadas pola organización, coincidiu no primeiro premio para o Bar Pazos e completou o podio con:

  • 🥇 Bar PazosTosta de Vitello Tonnato
  • 🥈 Casa do PesoBollito Volcán
  • 🥉 Café Bar VeneciaTosta Fusión

O Concello de Toén agradeceu a implicación dos establecementos participantes, que durante os tres días de duración do certame despacharon máis de 1.500 pinchos. Tamén recoñeceu o labor do xurado e a boa acollida por parte dos veciños e visitantes, que volveron converter “Toén a Bocados” nunha festa da gastronomía local.

Nos vindeiros días, a organización contactará cos premiados do sorteo de agasallos vinculados á votación popular.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.