Noticias

O Goberno reforza a loita contra a explotación laboral na vendima

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, mantivo unha reunión coas responsables provinciais da Inspección de Traballo e do Servizo Público Estatal de Emprego (SEPE) para reforzar as medidas de control nas vendimas e asegurar condicións laborais dignas no sector vitivinícola.

Durante o encontro, celebrado na Subdelegación do Goberno, abordáronse as preocupacións dalgúns bodegueiros polas inspeccións e pola falta de man de obra.

O Goberno reforza a loita contra a explotación laboral na vendima

Santos transmitiu unha mensaxe de tranquilidade aos consellos reguladores das Denominacións de Orixe da provincia, explicando que “as inspeccións están dentro da normalidade e son fundamentais para garantir xustiza e dignidade laboral”.

O Goberno reforza a loita contra a explotación laboral na vendima
Foto: Subdelegación do Goberno

A Inspección de Traballo realiza controis rutineiros para evitar contratacións irregulares e investiga a posible participación de empresas intermediarias que empreguen persoas en situación irregular. O subdelegado lembrou que as adegas que subcontraten servizos deben coñecer a situación legal dos seus traballadores.

Ademais, existe un convenio de colaboración coa Garda Civil para desenvolver actuacións conxuntas. Estes traballos empregan o uso de drons e outros medios, co obxectivo de combater a explotación laboral e a competencia desleal. Santos insistiu en que estas intervencións non pretenden impedir que veciños e familiares axuden nos viñedos.

En paralelo, o SEPE está a informar ás persoas desempregadas sobre a posibilidade de compatibilizar o cobro da prestación por desemprego cun contrato temporal nas vendimas. Tamén se lles ofrece a opción de suspender a prestación mentres dure o traballo, o que pode facilitar a dispoñibilidade de persoal para o sector.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.