Eventos

«Trevinca, unha viaxe á orixe»

As xornadas «Trevinca, unha viaxe á orixe» é o froito da colaboración entre Ecos dos Teixos (Casaio) e Terras Altas de Trevinca (A Veiga).

Durante a fin de semana do 29 e 30 de outubro poderemos participar en numerosas actividades que nos permitirán coñecer con máis profundidade aspectos propios da zona como o glaciarismo ou o bosque de «O Teixadal de Casaio».

«Trevinca, unha viaxe á orixe»

A programación que atoparemos é a seguinte:

Sábado, 29 de outubro

  • 08:30h – Ruta Guiada ata Pena Trevinca (Terras altas de Trevinca)
  • 19h – Presentación do libro de Christian Barrio «José Barrio, el último guardia de la mina de Valborraz»

Domingo, 30 de outubro

  • Ruta guiada por O Teixadal de Casaio (Eco dos Teixos)
"Trevinca, unha viaxe á orixe"

Estas actividades dan continuidade á programación que Eco dos Teixos leva realizando durante o mes de outubro. A principios de mes tivo lugar a actividade Visually. Este encontro reuniu en Casaio a profesionais de 10 países que compartiron coñecemento sobre o deseño e a presentación visual.

As Xornadas Renaturalízate permitiron ós asistentes participar en obradoiros de crecemento persoal, contacto coa natureza, ioga e desconexión. A seguinte actividade que se levou a cabo en Eco dos Teixos foi o I Encontro de Autocoidado para profesionales da educación social. Esta cita congregou a profesionais de toda España que a través da arteterapia, a xestión da ansiedade ou o mindfulness disporán de técinas para previr o Burn out.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.