Noticias

O BNG alerta de irregularidades na renovación do Tribunal Económico Administrativo en Ourense

O debate sobre a renovación do Tribunal Económico Administrativo (TEA) do Concello de Ourense, tratado no Pleno do pasado 5 de setembro, abriu un novo foco de conflito político.

Os concelleiros do Bloque Nacionalista Galego (BNG) denunciaron que a decisión adoptada polo Goberno Local, coa complicidade do Partido Popular (PP), ignora a sentenza firme do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Esta sentanza obriga a restituír o Interventor municipal en todos os seus postos, incluído o de vogal titular do TEA.

O BNG alerta de irregularidades na renovación do Tribunal Económico Administrativo en Ourense

O BNG acusa a PP e DO de avalar unha decisión contraria á sentenza que obriga a restituír o Interventor en todos os seus cargos.

O BNG alerta de irregularidades na renovación do Tribunal Económico Administrativo en Ourense
Foto: BNG

O portavoz nacionalista, Luís Seara, lembrou que xa solicitara retirar o punto da orde do día “mentres non se coñecese a resolución do TSXG sobre o recurso contra a sentenza que declaraba ilegal o cese do Interventor por parte de Jácome”. Con todo, a proposta seguiu adiante, coa oposición frontal de Democracia Ourensana (DO) e PP.

Segundo Seara, a sentenza do 18 de novembro de 2024 do Xulgado do Contencioso Administrativo Número 1 de Ourense —ratificada agora polo TSXG— “deixaba claro que o Interventor debía ser restituído en todos os seus cargos, incluído o de vogal titular do TEA”. O portavoz do BNG acusa ao PP de “sumisión absoluta a Jácome”, ao apoiar a proposta de DO a pesar de que inicialmente se abstiveran. “Mudaron o seu voto no propio Pleno só para non deixar tirado a Jácome, sen sequera saber que a aprobación precisaba maioría absoluta”, criticou.

O BNG considera que tanto PP como DO son “cómplices e culpables” das consecuencias que poida ter esta decisión sobre o funcionamento do TEA e sobre as arcas municipais.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.