Na xornada de mañá, 9 de abril, está previsto un paseo pola Acrópole de Monterrei coa finalidade de identificar algunhas das plantas alí presentes.
Entre as múltiples actividades que a Oficina de Turismo de Monterrei organizou para a Semana Santa 2023 figura unha cita coa botánica.
Un paseo pola Acrópole de Monterrei
Xosé Ramón Reigada será o encargado de guiar un paseo polo entorno da Acrópole de Monterrei para identificar plantas aromáticas e beneficiosas para a saúde. Para participar nesta actividade hai que realizar unha inscrición previa na Oficina de Turismo.