O PSdeG-PSOE fai unha aposta polo patrimonio do Ribeiro dentro da axenda da campaña electoral para as eleccións europeas do próximo 9 de xuño.
Na súa visita ós concellos de Castrelo de Miño, Melón e Ribadavia, os socialistas defenderon a posta en valor do patrimonio artístico, cultural e etnográfico desta zona.
Unha aposta polo patrimonio do Ribeiro
«É imprescindible abordar o marco de financiación da industria europea, co fin de completar o Pacto Verde e realizar investimentos para a adaptación ao cambio climático» indicaron os socialistas ante a necesidade de impulsar «tecnoloxías circulares e de cero emisións».
A candidata do PSdeG-PSOE ó Parlamento Europeo, Lorena Guerra Vigo, aproveitou a súa visita a Castrelo de Miño para pedir a construción dunha nova estación de captación e bombeo de auga.
Tamén aproveitaron os socialistas para esixir «a rehabilitación e o coidado do noso patrimonio, e temos que loitar pola posta en valor de infraestruturas como o Mosteiro de Santa María de Melón dende Europa».