Noticias

Unha aposta por recuperar os piares básicos

O PSdeG-PSOE de Ourense incidiu en realizar unha aposta por recuperar os piares básicos que se destruíron mediante recortes e desmantelamento.

A mellora das infraestruturas autonómicas na provincia, unha sanidade pública «digna e de calidade» e un plan para loitar contra a crise demográfica son os eixes principais da proposta socialista.

Unha aposta por recuperar os piares básicos

Non esquecen os integrantes da candidatura socialista ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro outros temas de interese para a cidadanía. Entre eses asuntos estarían «melloras no transporte e na industria, un plan de vivenda, xerar emprego de calidade, reforzar a educación, protexer o medio ambiente, rescatar o termalismo do ostracismo ou potenciar o sector primario e forestal».

A cabeza de lista, Carmen Rodríguez Dacosta, sinalou que «imos quitarlle a careta a Rueda e rematar coa precariedade, o maltrato e a marxinación que sofre este territorio». Ante a cita electoral destaca que os socialistas «imos transformar a provincia cun proxecto, un programa e con medidas pensadas para mellorar o benestar, a calidade de vida e o día a día de toda a veciñanza da provincia de Ourense».

Unha aposta por recuperar os piares básicos

O número 2 da lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense, Nacho Gómez Pérez, recordou que Ourense e Galicia «precisan un cambio de goberno na Xunta, para rematar cun PP anllado nunha situación de confrontación continua co Goberno central, en vez de ir da man para favorecer aos colectivos máis vulnerables, a clase media, aos maiores e a mocidade».

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.