Eventos

Unha noite solidaria de música en Ourense

O Auditorio de Ourense acollerá o vindeiro 29 de marzo de 2025, ás 18:00 horas, unha nova edición da gala solidaria «Por Eles Tea».

Este evento, que busca promover a igualdade de dereitos e oportunidades para as nenas e nenos promete unha tarde inesquecible chea de música e espectáculo.

Unha noite solidaria de música en Ourense

A gala contará cun cartel de luxo encabezado pola recoñecida artista Uxía, que exercerá de madriña do evento. Ademais, nun momento sorpresa, estará acompañada polo recoñecido Magín Blanco. Outro dos grandes atractivos da noite será a actuación do artista internacional Ángel Cerezuela, quen viaxará desde Valencia para apoiar esta causa e presentar o seu novo single.

Unha noite solidaria de música en Ourense
Gala «Por Eles Tea 2024». Foto: Estudio Repenica

A música coral terá un papel destacado grazas ás actuacións do Orfeón do Carballiño, o Coro Enharmonia e o Coro Repenica, que engadirán unha gran dose de emoción ao evento. Ademais, subirán ao escenario Muma’s Troop, Tics e a Academia Drop, enriquecendo a gala con talento e diversidade artística.

O evento contará tamén cun momento especial protagonizado por Jony e Fabián, dous músicos galegos que sorprenderán coa combinación da viola e o piano. Ademais, o alumnado do Estudio Repenica porán a voz e o sentimento a esta xornada solidaria.

A encargada de conducir o evento será a presentadora Tamara Pérez, que se asegurará de que a gala transcorra con enerxía e elegancia.

As entradas están dispoñibles en Ataquilla por un prezo de 10 euros. Recoméndase adquirilas canto antes para non perderse esta cita solidaria e cultural que promete ser un éxito rotundo.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.