Deportes

Unha xornada inesquecible

Unha xornada inesquecible a vivida pola familia do Club Ximnasia Pavillón ó clasificar para as finais do Campeonato do Mundo de idades a cinco ximnastas.

A delegación española para o campeonato do mundo de idades estaba composta por unha importante representación de ximnastas de Ourense.

Unha xornada inesquecible

Ó éxito de Uxía Rodríguez (Club Burgas) que acadou a medalla de bronce na modalidade de Doble Minitramp 11/12 sumouse a clasificación para as finais de varios ximnastas do Club Ximnasia Pavillón.

A ximnasia en Ourense está nun gran momento de forma iso ten o seu reflexo nos grandes resultados acadados polos nosos ximnastas. Nun Campeonato do Mundo, coa máxima esixencia, estar competindo entre os mellores xa ten un mérito enorme.

Unha xornada inesquecible

Os ximnastas do Club Pavillón que competiron nas finais foron:

  • Mateo Rodríguez Pérez en Doble Minitramp (13-14) – Posto na final – 8º.
  • Marta Rodríguez Cancio e Claudia Blanco Cidón en Sincronismo (15-16) – Posto na final – 4º.
  • Pedro Castaño Garrido e Mateo Rodríguez Pérez en Sincronismo (15-16) – Posto na final – 6º.

Botón volver arriba