O Museo do Viño de Galicia, situado en Ribadavia (Ourense), volverá converterse este verán nun espazo de encontro entre o viño e a música coa celebración da quinta edición da Cata Sonora.
Nesta edición gozaremos dun ciclo de concertos acústicos que terá lugar na terraza exterior do recinto.
O Museo do Viño acolle a V Cata Sonora con cinco concertos acústicos en Ribadavia
A programación da V Cata Sonora 2025 inclúe cinco xornadas musicais que se desenvolverán entre xullo e agosto, sempre en xoves ás 21.00 horas, con propostas que mesturan blues, soul, jazz e canción de autor. Estes son os artistas confirmados:
- 3 de xullo: Mister Cool & Vadim Yukhnevich
- 10 de xullo: Jimmy Barnatán
- 7 de agosto: Jeff Espinoza & Gaby Jogeix
- 21 de agosto: Ángeles Dorrio
- 28 de agosto: Olga Brañas & Susanna Blanco, nunha sesión especial que combinará cinema e música (o horario deberá consultarse previamente)
A proposta forma parte da programación cultural do Museo do Viño de Galicia, impulsada pola Xunta de Galicia, e busca enriquecer a experiencia dos visitantes cunha oferta que harmoniza a cultura vitivinícola co lecer musical.
