A Valedora do Pobo admite a trámite a queixa pola elección do Rei Baltasar trala solicitude presentada polo grupo socialista do concello de Ourense.
A elección dunha persoa condenada en dúas ocasións por abuso sexual para participar como Rei Baltasar na cabalgata do 5 de xaneiro en Ourense suma un novo capítulo.
A Valedora do Pobo admite a trámite a queixa polo Rei Baltasar
Segundo a Valedora do Pobo, a queixa presentada polos socialistas «reúne os requisitos formais recollidos no artigo 18 da Lei da Valedora do Pobo». A intervención da Valedora responde a «un asunto que nós consideramos de extrema gravidade», indican fontes socialistas.
A Valedora do Pobo solicita información complementaria sobre o motivo da queixa ó concello de Ourense que terá un prazo de 15 días para facilitala.