A Valedora do Pobo pronunciase sobre a polémica do Rei Baltasar trala denuncia realizada polo PSdeG-PSOE de Ourense o pasado 17 de xaneiro.
O feito de que unha persoa, dobremente condenada por abuso sexual, participase como Rei Baltasar na Cabalgata de Reis do 5 de xaneiro da un paso máis.
A Valedora do Pobo pronunciase sobre a polémica do Rei Baltasar
Trala denuncia dos socialistas, a Valedora do Pobo emitiu unha resolución dando a razón á parte denunciante. Na resolución sinala que é preciso dispoñer da certificación negativa de delitos sexuais para participar neste tipo de eventos ó estar «fundamentalmente dirixida a menores e que incluso supón contacto físico».
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, Natalia González, voceira socialista no concello de Ourense sinala que «hoxe queda de manifesto que o que denunciaba o grupo socialista era o correcto. Cremos que é un avance tanto na igualdade coma na loita contra a violencia machista e tamén a boa xestión dunha administración pública».