Valentín González Formoso, secretario xeral do PSdeG, visitou Maceda para reunirse co equipo de goberno que lidera a alcaldesa Uxía Oviedo.
Durante a reunión, González Formoso, interesouse polas necesidades do goberno local e definiu á rexedora como «esa forza que está a pelexar para sacar potencial no rural».
Valentín González Formoso visitou Maceda
O secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, a deputada no Congreso, Marga Martín, a deputada no Parlamento de Galicia, Carmen Dacosta, e a secretaria local de Ourense, Natalia González Benéitez, acompañaron a González Formoso e a Uxía Oviedo durante un paseo por Maceda.
A rexedora local aproveitou para solicitar axuda para por en valor o patrimonio histórico e cultural do concello. «O Castelo de Maceda é un edificio municipal, pero necesitamos respaldo doutras administracións, que nos axuden a poñelo o mellor posible para poder explotalo dende o punto de vista turístico».