O Venres de Entroido en Xinzo de Limia comezará co desfile infantil que terá lugar pola mañá e rematará ben entrada a noite cunha gran festa de DJ’s.
Chegan os días máis importantes do Entroido en Xinzo de Limia e comezan con espectáculos infantil e moita música.
Venres de Entroido en Xinzo de Limia
Os máis cativos gozarán pola mañá do Gran desfile infantil onde terán acompañamento musical de cinco charangas. Pola tarde, estes pequenos e pequenas poderán gozar co espectáculo «Desembarco Pirata».
Xa entrada a noite, dúas charangas farán o primeiro pase para que a xente quente o corpo e dar paso á festa de DJ’s que terá lugar na Praza Maior a partir da media noite.
Programa do venres de Entroido
- 11:30h – Gran desfile infantil coas charangas Cucu Band, Achicoria, El tattoo, Bande e Castro Vello
- 18h – Animación infantil con troula Animación e o seu espectáculo «Desembarco Pirata».
- 22h – Charanga Cucu Band
- 23h – Charanga Achicoria
- 00h – Set Dj’s na Praza Maior
- Pablo Marques
- Zoe Rey
- Groove Amigos
- Lethx Sound