Eventos

Barbadás celebra o seu verán cultural 2025 con teatro, música e circo

O Concello de Barbadás pon en marcha unha nova edición do ciclo “O verán é cultura”, que encherá de actividades o Parque dos Patos na Valenzá durante os meses de xuño, xullo e agosto.

A programación inclúe concertos, espectáculos teatrais e funcións de circo pensadas para todos os públicos.

Barbadás celebra o seu verán cultural 2025 con teatro, música e circo

Todos os espectáculos desenvolveranse os xoves ás 21:00 horas, salvo unha excepción. Esta iniciativa ten unha marcada aposta pola cultura de proximidade e o lecer ao aire libre.

O ciclo arrinca o mércores 25 de xuño coa actuación da Banda de Música Infantil de Barbadás. Ao día seguinte, o xoves 26, será a quenda da Banda de Música da localidade. A primeira proposta escénica chegará o 3 de xullo co espectáculo “Circo dobre expresso” da compañía Desastronauts.

Durante o mes de xullo tamén haberá música de raíz galega e portuguesa. A programación conta coa actuación de En Mala Hora o día 10 e a Noite de Fados con Marlene Rodrigues, titulada “Mar de Fado”, o 17 de xullo. O 31 dese mes, Inventi Teatro presentará “A libraría máxica”, unha peza que mestura maxia e narración oral.

En agosto a programación continúa co espectáculo “The Picole Teatro” a cargo da compañía Trécola Producións (día 7); o número “Tranvía nº12” de Finestra Nou Circ (día 21); e o concerto de peche da banda Gin Toni’s, o xoves 28 de agosto.

Barbadás celebra o seu verán cultural 2025 con teatro, música e circo
O Verán é Cultura. Barbadás 2025

As actividades desenvolveranse no Parque dos Patos. En caso de choiva ou mal tempo pasarán ao CEIP Filomena Dato ou ao Auditorio da Casa da Cultura.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.