Eventos

A Verbena do Rella en Ramirás

A Verbena do Rella celébrase de novo en Ramirás este sábado, 24 de xuño, grazas ó traballo realizado polo colectivo Rebulir.

Recuperar o «espírito das antigas verbenas» é o obxectivo desta iniciativa que rexurdía no ano 2022 como sucesora das «Noites de Fiadeiro».

A Verbena do Rella en Ramirás

Neste ano 2023, a Verbena do Rella contará cunha ampla programación pensada para todos os públicos e na que estarán presentes algúns dos mellores grupos de música folk e tradicional de Galicia.

Un obradoiro de Baila, xogos, encontro infantil e xuvenil e varias actuacións musicais forman parte da programación deste ano. Non faltarán tamén os produtos gastronómicos coa presenza de varios puntos de venda.

A Verbena do Rella en Ramirás

Programa da Verbena do Rella

  • 16:30h – Obradoiro de baile tradicional con Alexandre Sotelino
  • 18:30h – Xogos tradicionais con CCP Xaquín Lorenzo
  • 19h – Animación de rúa con Rebulir
  • 20h – Festival de Escolas
    • Lembranza – Solpor
    • Brisas do Quenllo – Tordoia, A Coruña
    • ABMT Rebulir – Ramirás
  • 21h – Cea con venda de racións
  • 21:30h – A Verbena do Rella
    • Bouba Pandereteiras
    • Os Melidaos
    • Os da Pedra Alta
    • TNT-Tanto nos Ten
  • 01:30h – Foliada Aberta
A Verbena do Rella en Ramirás

Botón volver arriba