O Concello de Verín anunciou a programación oficial do Lázaro 2025, que se celebrará os días 5 e 6 de abril.
A festa consolidouse como unha referencia da primavera, cunha oferta que combina tradición, lecer e dinamización económica local.
Verín presenta a programación do Lázaro 2025
A presentación realizouse esta mañá cos concelleiros Manuel Lorenzo e Diego Lourenzo Moura, quen destacaron o esforzo municipal para ofrecer un evento diverso e participativo. Segundo Manuel Lorenzo, «a proposta mantén o espírito do ‘Lázaro Multicartel’, reforzando a gastronomía, a cultura e o deporte como eixos fundamentais».
Gastronomía protagonista
A programación inclúte o «Lázaro Gastronómico», con dous eventos clave:
- Concurso de pinchos «Pincha no Lázaro» (3, 4 e 5 de abril), con 20 locais participantes e votación popular.
- Festa Gastronómica do Solombo, Bacallao e Torrada de Postre (5 e 6 de abril), con 10 restaurantes que ofrecerán pratos especiais.
Feira de Artesanía e eventos culturais
O Pavillón Municipal de Deportes acollerá a tradicional Feira de Artesanía e Alimentación, con 50 expositores. Tamén haberá catas de queixos, viños da D.O. Monterrei e showcookings de chefs locais. Ademais, instalarase un espazo infantil «Ludolázaro» e unha mostra de vehículos novos e de ocasión na rúa Irmáns Moreno.
Actuacións musicais
A oferta musical comeza o sábado 5 de abril cun pasarrúas da Banda de Gaitas Nova Era. Outros eventos destacados son:
- Festival de Bandas de Música Vila de Verín (sábado 5, 17:30 h, Praza da Mercé).
- Orquestra Claxxon (sábado 5, 20:30 h e 00:30 h, Praza García Barbón).
- Espectáculo pirotécnico e luz dixital (sábado 5, 00:00 h, Parque de Fontenova).
- Orquestra Marbella (domingo 6, 19:00 h, Praza García Barbón).

Eventos deportivos
O programa inclúe:
- Torneo de natación (sábado 5, 10:30 h, piscina climatizada de Verín).
- Partido de veteranos (sábado 5, 16:30 h, Complexo Deportivo da Granxa).
Actos relixiosos
O domingo 6 de abril, celebrarase a tradicional procesión e misa solemne ás 12:00 h na Igrexa Parroquial de Santa María a Maior, coa Coral da Asociación Amigos da Música.