Os concellos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso manteñen a raia os delitos cometidos nos últimos anos cunha cifra inferior ó medio centenar.
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, copresidiu a Xunta Local de Seguridade de Viana do Bolo xunto ó alcalde Andrés Montesinos.
Viana e Vilariño manteñen a raia os delitos
Nesta xuntanza analizáronse as cifras relativas á seguridade cidadá con especial atención ós casos de violencia de xénero e o plan director para a convivencia nos centros educativos. Tamén se puxo en marcha o dispositivo de seguridade do Entroido 2025.
Nos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo rexistráronse 44 feitos delituosos durante o ano 2024. Esta cifra supón unha estabilización con respecto a anos anteriores. «Son concellos tranquilos, sen problemas de seguridade» sinalou o subdelegado.
En violencia de xénero, Viana do Bolo conta con seis casos activos e Vilariño de Conso con dous. En ambos concellos existe un caso de risco alto que conta cun seguimento especial da Garda Civil. «Non son moitos, pero si que son. Mentras haxa un só caso de violencia de xénero hai que estar alerta e protexer, porque o que está en xogo é a liberdade e a integridade dunha muller».