Eventos

Vixa de Abaixo 2024 en Grou

A celebración da Vixa de Abaixo 2024 en Grou na honra a Santa Marta terá lugar os días 26 e 27 de xullo con varias propostas musicais.

O 18 de xullo comezará a novena na Capela de Santa Marta que terá o horario das 21h.

Vixa de Abaixo 2024 en Grou

Na primeira xornada das Festas de Grou 2024, unha cea veciñal será a principal proposta dos organizadores. A Cea veciñal comezará ás 22h e contará coa animación musical da DiscoMóbil Infinity que actuará ata «que o corpo aguante».

Na xornada do sábado, 27 de xullo, os Gaiteiros de Cados ofrecerán un pasarrúas a partir das 10h. Ás 13h está prevista unha misa solemne na Capela da Santa Marta. Pola tarde, ás 17:30h comezarán as actividades para os máis cativos con xogos de auga, festa da escuma e inchables.

A partir das 20:30h actuará a charanga Europa que tamén ofrecerá a verbena desde as 00:00h xunto á charanga CLK. Unha vez remate a actuación de ambas charangas, a Discomóbil Infinity ofrecerá unha sesión musical para por o punto final a estas festas.

Vixa de Abaixo 2024 en Grou

Botón volver arriba