Noticias

Xantar 2025 pon en valor a Galicia Calidade no turismo gastronómico

A enogastronomía galega volveu demostrar a súa excelencia na apertura da 26ª edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que abriu hoxe as súas portas en Expourense.

Nesta edición, que permanecerá aberta ata o domingo 23 de novembro, participan 75 expositores, un mercado enogastronómico, tres restaurantes e un amplo programa con 120 actividades entre showcookings, catas comentadas, degustacións e concertos diarios.

Xantar 2025 pon en valor a Galicia Calidade no turismo gastronómico

O mercado e a zona infantil convertense nas principais novidades dun salón que mantén a entrada gratuíta.

Foto: Expourense

O acto inaugural estivo presidido pola conselleira do Medio Rural, María José Gómez Rodríguez. A conselleira definiu Xantar como unha “cita ineludible tanto para os profesionais como para os visitantes que buscan calidade nos produtos agroalimentarios e mariños galegos”. A conselleira destacou tamén que o turismo e a gastronomía funcionan como “aliados fundamentais para o agro galego, contribuíndo a fixar poboación e a impulsar o desenvolvemento do rural”.

Estivo acompañada pola vicepresidenta da Deputación de Ourense, Marta Novoa, e polo presidente do INORDE, Rosendo Fernández, que puxeron en valor o papel de Xantar na promoción da marca provincial “Ourense Enogastronómica”.

Publicaciones relacionadas

A Deputación participa cun restaurante que serve un ‘Menú de Outono’ 100% ourensán. Tamén impulsa a presenza dos xeodestinos Terras de Celanova–Serra do Xurés e Trevinca-Valdeorras, ademais de promocionar a Vía da Prata. Como novidade, preséntase tamén o Centro de Transformación de Cantoña (Paderne de Allariz), que este fin de semana comercializará os seus primeiros produtos.

Tamén participou o deputado de Turismo de Pontevedra, Jesús Vázquez Almuíña, quen salientou o papel desestacionalizador da gastronomía nas Rías Baixas. O día dedicado á provincia incluíu unha degustación de aperitivos elaborados con algas.

A outra gran protagonista da xornada foi a entidade Turismo Porto e Norte de Portugal, principal socio estratéxico de Expourense no país veciño. O seu vicepresidente, José Candela Moura, subliñou a importancia de Galicia como “principal mercado emisor” para a rexión e destacou o valor de Xantar como escaparate para o produto turístico ‘Gastronomía e Viños’. No seu stand participan cámaras municipais como Vila Real, Felgueiras, Arcos de Valdevez, Alijó, Viana do Castelo ou Braga, ademais das Illas Azores.

Actividades enogastronómicas

As actividades enogastronómicas protagonizaron esta primeira xornada con demostracións nas dúas aulas gastronómicas, na aula Estrella Galicia e no espazo de catas. A isto engadiuse a participación de alumnado de distintos centros de Formación Profesional, que realizou unha decena de exhibicións culinarias.

No apartado de restauración, Xantar 2025 ofrece tres restaurantes con menús pechados elaborados con produtos de calidade. Tamén conta cun Mercado Enogastronómico con doce postos arredor dun comedor central. Neste espazo, o público pode elixir entre gastronomía venezolana, mexicana, peruana, portuguesa e galega, con propostas como polbo á feira, mariscos, callos, empanada, queixos, embutidos, xeados e sobremesas. A oferta líquida inclúe unha barra de Estrella Galicia e un espazo cos viños das cinco D.O. galegas. Este mercado, promovido en colaboración coa UHO, supón unha excelente oportunidade para impulsar a hostalaría da cidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.