Eventos

Vilar de Santos acolle o XI aniversario da Arca da Noe

O vindeiro sábado 26 de xullo, o Espazo do Concello (Carabuñas) de Vilar de Santos converterase no epicentro da festa coa celebración do XI aniversario da Arca da Noe, un referente cultural e musical da comarca.

A cita, que comezará ás 13:00 horas, promete unha intensa xornada de convivencia e espectáculo.

Vilar de Santos acolle o XI aniversario da Arca da Noe

O programa arrincará coa actuación de Tabernarias, seguida dunha comida popular ás 14:30 horas. A tarde e a noite estarán marcadas por un completo cartel musical coas actuacións de As Xirngas da Arca (16:30), Karmento (18:30), O Sonoro Maxín (20:30) e VerterGz (22:00), garantindo unha ampla variedade de estilos e ritmos para todos os gustos.

As entradas para a celebración inclúen comida e concertos, cun prezo de 25 euros para persoas adultas e 15 euros para crianzas (de 3 a 12 anos). As reservas poden realizarse a través das canles habituais da asociación.

Vilar de Santos acolle o XI aniversario da Arca da Noe

A Arca da Noe, situada na Rúa do Forno, 3 de Vilar de Santos, continúa así a súa aposta pola dinamización cultural e social do rural galego, combinando música, gastronomía e comunidade.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.