O Club Ximnasia Burgas continúa a demostrar o seu altísimo nivel competitivo no Campionato Nacional de Trampolín 2025, cun total de 10 podios.
Entre os podios atopamos 4 títulos de campións de España, 3 subcampionatos e 3 terceiros postos nas distintas categorías individuais e por equipos.
Brillante actuación do Ximnasia Burgas: 10 podios e 4 títulos nacionais en trampolín
Entre os éxitos máis destacados figura o Campionato Nacional por Equipos na modalidade olímpica de trampolín. O Burgas impuxose entre 20 conxuntos participantes, consolidándose como referente nacional. A nivel individual, Paula Touza proclamouse campioa en Trampolín Juvenil, por diante de 32 rivais, e a súa compañeira Clara Rodríguez asinou unha meritoria 4ª posición.

Na categoría Alevín, Aira García conquistou o ouro e Valentina González foi subcampioa, demostrando a proxección da base do club. En Tumbling Juvenil, Nikolai Raleko logrou o título nacional, mentres que David Medeiros (subcampión en Trampolín Juvenil) e Maksin Miniev (subcampión en Tumbling Infantil) ampliaron o medalleiro do club.
Completan o palmarés do Burgas os terceiros postos de Miguel Pérez (Trampolín Juvenil), Leo Touza (Dobre Mini Cadete) e John Bakir (Tumbling Infantil), confirmando a calidade e variedade das súas promesas.
A competición continúa esta fin de semana nas categorías de Nivel Élite, onde o club ourensán volverá estar presente, con opcións de seguir sumando logros. Unha vez máis, o Ximnasia Burgas supera as limitacións das súas instalacións e brilla no escenario nacional. O club ourensán destaca grazas a un traballo técnico e deportivo que segue dando os seus froitos.