Os ximnastas do Club Ximnasia Pavillón lograron destacados resultados na Copa Galicia de Trampolín 2026.
O club ourensán acadou múltiples podios nas modalidades de trampolín (TR), dobre minitramp (DMT) e sincronismo (SINCRO).
O Ximnasia Pavillón suma varios podios na Copa Galicia de Trampolín
Entre os resultados máis salientables figura Uxía Blanco, campioa en trampolín, así como Fabio González, Daniela Rodríguez, Mario Monteagudo e Noa Puente-Dodd, que tamén conseguiron o ouro nesta modalidade. Pola súa banda, Saúl Rodríguez proclamouse campión en dobre minitramp.

O club ourensán tamén sumou varias medallas de prata, entre elas as de Lucas Domuro en dobre minitramp e trampolín, ademais de segundos postos en sincronismo para Mara Lázaro, Alma Quintana, Breixo Miranda, Diego Rodríguez, Noa Puente-Dodd e Mateo Rodríguez.
Ademais dos podios, numerosos deportistas do Pavillón acadaron boas clasificacións nas súas respectivas categorías, completando unha participación moi positiva do club na competición autonómica.

