Deportes

El XIX Torneo Nadal-Memorial Marosa Salgado reúne 510 participantes nos Remedios

O XIX Torneo Nadal-Memorial Marosa Salgado Madriñán celebra este sábado 13 de decembro a súa última xornada na Cancha Central do Pavillón dos Remedios.

A cita será a partir das 11:00 horas, cunha gran exhibición que reunirá a 510 participantes de escolas e clubs da provincia.

El XIX Torneo Nadal-Memorial Marosa Salgado reúne 510 participantes nos Remedios

A organización destaca que se trata dunha xornada lúdica e de convivencia, na que os diferentes grupos presentarán exercicios creados especificamente para esta edición.

El XIX Torneo Nadal-Memorial Marosa Salgado reúne 510 participantes nos Remedios

Entre eles estará o conxunto júnior de ximnasia estética de grupo, que ofrecerá o exercicio co que acadou o ouro internacional, un dos momentos máis agardados polo público.

Baixo a temática “Monumentos do Mundo”, adestradoras e equipos puideron dar renda solta á súa creatividade para construír un espectáculo baseado nas súas habilidades ximnásticas.

Nenas e nenos desde os tres anos de idade ata máis de vinte, con niveis que van da iniciación á competición estatal, compartirán tapiz para mostrar o seu traballo conxunto e pechar así esta edición do Torneo Nadal.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.