Unha xornada sobre as Letras Galegas terá lugar esta tarde en Proxecto Home Ourense. As 16h, o escritor Óscar Guzmán participará nun acto que xirará sobre a lingua galega. Ademais de falar sobre Florencio Delgado Gurriarán, escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2022, Óscar Guzmán presentará a súa novela. Os segredos de Teresa, novela policiaca ambientada en Ourense, está sendo un éxito de ventas.