Noticias

Xosé Alfredo Naz gañou o XXVII Certame Literario de Piñor

O escritor vigués Xosé Alfredo Naz Fernández gañou o XXVII Certame Literario de Piñor que convoca a Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia coa colaboración do Concello de Barbadás.

Xosé Alfredo Naz foi o gañador na categoría A para escritores maiores de idade sendo o segundo posto para a escritora de Poio (Pontevedra), Sandra Fernández Prado.

Xosé Alfredo Naz gañou o XXVII Certame Literario de Piñor

No currículo de Xosé Alfredo Naz figura importantes premios literarios como o Certame de Narración Curta Ánxel Fole (2005), o Premio Modesto R. Figueiredo (2010), o XI Certame Antón Avilés de Taramancos (2012) ou o VI Concurso Balvino de Relatos (2021).

Este autor vigués ten publicadas tres obras literarias con gran acollida por parte dos lectores: Círculo (2008), O sorriso de Hitler (2012) e Gumes entre a néboa (2021).

Entre os premiados do Certame Literario de Piñor de 2024 tamén atopamos na categoría B ós mozos Hugo Martínez de Ourense e Iker Pérez da pobra de Trives e na C a Lois González de Barbadás e Álex González de San Cibrao das Viñas.

Xosé Alfredo Naz gañou o XXVII Certame Literario de Piñor

Premiados no XXVII Certame Literario de Piñor

Categoría A (maiores de idade):

  • 1.- Xosé Alfredo Naz Fernández, de Vigo.
  • 2.- Sandra Fernández Prado, de Poio (Pontevedra).

Categoría B (de 13 a 17 anos):

  • 1.- Hugo Martínez Bizarro, de Ourense.
  • 2.- Iker Pérez Álvarez, da Pobra de Trives.

Na categoría C (alumnado de Educación Primaria):

  • 1.- Lois González Fernández, de Barbadás.
  • 2.- Álex González González, de San Cibrao das Viñas.

Botón volver arriba