Noticias

Manuel Pardo reúnese co alcalde de Pontedeva para reforzar a colaboración

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Pontedeva, Juan Carlos González, para avaliar posibles vías de cooperación conxunta.

Tamén analizaron os principais proxectos de interese municipal que se están a desenvolver coa colaboración da Administración autonómica.

Manuel Pardo reúnese co alcalde de Pontedeva para reforzar a colaboración

Durante o encontro, Manuel Pardo puxo en valor a necesidade de manter un diálogo fluído e constante coas administracións locais, co obxectivo de coñecer de primeira man as súas demandas e prioridades.

Manuel Pardo reúnese co alcalde de Pontedeva para reforzar a colaboración
Foto: Delegación da Xunta

Segundo sinalou, esta coordinación resulta clave para mellorar a resposta da Xunta nas súas competencias e repercutir positivamente na calidade de vida da veciñanza.

A reunión permitiu tamén facer balance das actuacións en marcha en Pontedeva, así como estudar novas liñas de colaboración futura que contribúan ao desenvolvemento do municipio. Ambas partes coincidiron na importancia da cooperación institucional como ferramenta para impulsar proxectos estratéxicos no ámbito local.

Botón volver arriba