Noticias

A Xunta inviste máis de 545.000 euros no xulgado do Carballiño

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou esta mañá as obras de optimización enerxética no edificio xudicial do Carballiño.

Nesta actuación, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu máis de 545.000 euros co obxectivo de reducir o consumo eléctrico das instalacións.

A Xunta inviste máis de 545.000 euros no xulgado do Carballiño

A intervención, cofinanciada con Fondos Feder, inclúe a instalación de luminarias LED con sistema de regulación autónomo, a substitución de 45 portas e xanelas de baixo rendemento térmico, así como a posta en marcha dun sistema fotovoltaico para autoconsumo.

A Xunta inviste máis de 545.000 euros no xulgado do Carballiño
Foto: Delegación da Xunta

O proxecto complétase cun novo sistema de renovación de aire con recuperador de calor e coa substitución da caldeira de gasóleo por unha caldeira de biomasa alimentada con pellets.

Durante a visita ás dependencias xudiciais, Manuel Pardo explicou que esta actuación se insire no conxunto de proxectos de eficiencia enerxética que a Xunta desenvolve en preto dunha decena de edificios xudiciais de Galicia, cun investimento global de 6,8 millóns de euros.

O delegado territorial destacou que estas medidas responden ás prioridades do programa Galicia Feder 2021-2027, que promove que o sector público actúe como exemplo na redución do consumo enerxético e na loita contra o cambio climático. Neste contexto, lembrou que o Goberno galego leva investidos máis de 165 millóns de euros na mellora das infraestruturas xudiciais entre 2014 e 2026.

Manuel Pardo subliñou tamén a aposta da Xunta por unha xustiza máis moderna e sostible, cunha rede de edificios xudiciais máis seguros, accesibles, funcionais e confortables. Unha mellora progresiva das infraestruturas que permite ofrecer un servizo público de maior calidade á cidadanía e mellorar as condicións de traballo dos profesionais da administración de xustiza.

Botón volver arriba

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.