O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou este martes a xoiaría Poppins Jewels, unha das 55 iniciativas empresariais ourensás beneficiarias do programa Emega.
A este programa, o Goberno galego destinou máis de 590.000 euros na última resolución.
A Xunta apoia 55 proxectos femininos en Ourense con 590.000 euros
Segundo destacou Pardo, estas axudas permitirán crear 65 postos de traballo indefinidos, 55 por conta propia e 10 por conta allea.

No caso concreto de Poppins Jewels, a achega foi de 14.000 euros, destinada á creación dun emprego autónomo e outro indefinido por conta allea.
O delegado subliñou o compromiso da Xunta co empoderamento económico das mulleres e coa redución das fendas de xénero. Insistiu na necesidade de impulsar políticas específicas que favorezan a formación, o emprego e o liderado feminino.
Tamén sinalou que a última convocatoria do programa reforzou os criterios de concesión para apoiar mulleres maiores de 55 anos, proxectos no rural, en sectores masculinizados e iniciativas colaborativas.
O programa Emega, dotado con máis de 5 millóns de euros, inclúe diferentes modalidades de apoio ao emprendemento feminino. Tamén inclúe medidas complementarias para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

