Noticias

A Xunta inviste máis de 28.000 euros no Concello dos Blancos

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou nos Blancos o remate das obras de mellora das infraestruturas, dotacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais no edificio consistorial.

A actuación contou cun investimento superior aos 28.000 euros por parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

A Xunta inviste máis de 28.000 euros no Concello dos Blancos

Durante a visita, na que estivo acompañado polo alcalde, José Manuel Castro, o representante autonómico destacou que esta intervención se enmarca na orde de axudas para a mellora de infraestruturas de uso público correspondente a 2025.

A Xunta inviste máis de 28.000 euros no Concello dos Blancos
Foto: Delegación da Xunta

Na provincia de Ourense, a Xunta destinou máis de 900.000 euros para financiar 28 actuacións en 24 concellos e catro agrupacións.

Manuel Pardo sinalou que esta convocatoria, dotada con 3,5 millóns de euros en Galicia, reafirma o compromiso do Goberno galego cos municipios de menos de 30.000 habitantes.

As axudas permiten financiar:

  • obras de construción,
  • mellora ou rehabilitación de edificios e instalacións municipais,
  • actuacións en redes de alumeado,
  • pavimentación de camiños e intervencións en espazos públicos,
  • ademais da adquisición de equipamentos e melloras de accesibilidade.

O delegado lembrou que a Administración autonómica cobre ata o 80 % do orzamento, cun máximo de 40.000 euros nas solicitudes individuais. Esta contía será de 50.000 euros nas conxuntas ou procedentes de procesos de fusión.

Ademais dos Blancos, resultaron beneficiados outros concellos e agrupacións da provincia, entre eles Allariz-Vilar de Santos, A Arnoia, Beade, Beariz, Castrelo do Val, Entrimo, Laza, Lobios, Maside, Maceda, Montederramo, Monterrei, Muíños, Nogueira de Ramuín, Oímbra, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Porqueira, Ribadavia-Melón, Riós, San Cibrao das Viñas, San Xoán de Río, A Veiga, Vilamarín, Vilariño de Conso e Xunqueira de Ambía.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.