Noticias

A Xunta inviste 195.000 euros na capela de San Mauro da Arnoia

A Xunta de Galicia investirá preto de 195.000 euros na mellora da capela de San Mauro, na Arnoia, cun prazo máximo de execución de 4 meses.

O delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o templo xunto ao alcalde, Rodrigo Aparicio, para informar da adxudicación das obras.

A Xunta inviste 195.000 euros na capela de San Mauro da Arnoia

A actuación, promovida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, busca resolver problemas de humidades e filtracións, mellorar a ventilación interior e garantir unha accesibilidade máis axeitada.

A Xunta inviste 195.000 euros na capela de San Mauro da Arnoia
Foto: Delegación da Xunta

Tamén se intervirá na cuberta para corrixir deficiencias de estanquidade e na estrutura de madeira afectada.

Pardo subliñou que o patrimonio “transcende ao propio territorio” e lembrou que cada intervención debe executarse coa responsabilidade que esixe o seu valor histórico. Ademais, reafirmou o compromiso do Goberno galego coa conservación dos bens culturais, tanto grandes templos como pequenas igrexas repartidas polos concellos.

Entre as actuacións previstas inclúense a renovación da cubrición con recuperación de elementos en bo estado e a substitución de carpinterías deterioradas. Tamén se mellorará a instalación eléctrica e a iluminación, así como a colocación de novos materiais que garantan a ventilación da estrutura. Tamén se substituirá o pavimento do presbiterio e adaptaranse os chanzos de acceso para facilitar o uso do edificio.

A capela de San Mauro, de orixe estimada no século XII, é un pequeno templo dunha soa nave rectangular con ábsida poligonal e muros de granito. No seu interior destaca a bóveda nervada de pedra que cobre o presbiterio, elevado sobre a nave principal.

Botón volver arriba
Cerrar

Bloqueador de anuncios detectado

Hemos detectado que usas un bloqueador de anuncios. Por favor, desactívalo.