Xunta e Nogueira de Ramuín reforzan a cooperación institucional tras a reunión mantida esta mañá entre o delegado territorial en Ourense, Manuel Pardo, e o alcalde do municipio, Julio Carlos Temes, para analizar proxectos en marcha e novas vías de colaboración.
O encontro serviu para avaliar os principais proxectos de interese municipal que se están a desenvolver coa colaboración da Administración autonómica. Tamén permitiu estudar futuras actuacións conxuntas que contribúan ao desenvolvemento local.
Xunta e Nogueira de Ramuín reforzan a cooperación
Manuel Pardo puxo en valor a importancia de manter un diálogo permanente cos concellos, co obxectivo de coñecer de primeira man as súas demandas e prioridades en materias competencia da Xunta.

O delegado subliñou que esta coordinación institucional permite mellorar a eficacia das actuacións públicas e optimizar recursos en beneficio da veciñanza.
Pola súa banda, o alcalde de Nogueira de Ramuín trasladou as principais necesidades do municipio. Tamén destacou a relevancia do apoio autonómico para impulsar iniciativas estratéxicas no ámbito local.
Esta xuntanza enmárcase na rolda de contactos que a Delegación Territorial da Xunta en Ourense mantén cos distintos concellos da provincia. Os mesmos serven para fortalecer a cooperación institucional e avanzar na execución de proxectos que redunden no progreso económico e social do territorio.

