Noticias

A Xunta tamén se opón ó macrocomplexo eólico da Limia

A Xunta de Galicia tamén se opón ó macrocomplexo eólico coñecido como Cluster A Limia a través duns informes desfavorables elaborados pola Consellería de Economía, Industria e Innovación.

O complexo eólico suporía a instalación de 49 aeroxeradores de 240 metros de altura e unha liña de alta tensión que atravesaría 18 concellos entre Castrelo do Val e Castrelo do Miño cunha lonxitude de 96 quilómetros.

A Xunta tamén se opón ó macrocomplexo eólico da Limia

O informe elaborado pola Consellería indica que este proxecto «atópase emprazado fóra das Áreas de Desenvolvemento Eólico (ADE) incluídas dentro do Plan Sectorial Eólico de Galicia».

A Xunta tamén se opón ó macrocomplexo eólico da Limia
Aldea de Couso Galán

Tamén indica este informe que «dada a lonxitude da liña de evacuación, non se considera adecuada a súa execución (…) e considérase necesaria unha planificación racional e ordenada das infraestruturas de evacuación e as de transporte, baixo o principio de rede única e evitar unha rede paralela de evacuación».

Botón volver arriba